Cartel Cortapega VI


Cortapega, o festival de música electrónica, chega á súa sexta edición como unha das apostas máis firmes polas manifestacións e propostas musicais de sons arriscados, experimentación e vangarda en Galicia. O evento terá lugar o vindeiro 30 de novembro en Santiago de Compostela con importantes novidades na sua programación, incorporando múltiples espazos e ampliando a xornada.


Desde Desconcierto Cultural séguese apostando forte polas propostas máis arriscadas que se atopan á marxe das canles de promoción tradicionais. Co festival Cortapega quérese poñer en valor a música electrónica para destacar aos novos valores que saen de Galicia e, ao mesmo tempo, achegar á nosa comunidade aos artistas emerxentes de ámbito nacional e internacional. En definitiva, búscase sentar as bases para o fomento de novos comportamentos musicais dentro da xa consolidada escena galega.

Artistas

Balago (live)

Balago (live)

Dende La Garriga (Barcelona), Balago levan mostrado unha constante evolución ao longo dos seus máis de 17 anos de carreira, abrindo novos camiños a partir da experimentación, dentro dun universo no que teñen cabida o ambient, a programación electrónica e a obsesión analóxica, os fogonazos de melancolía, a ciencia ficción, a relixión ou a filosofía. O seu último traballo, “El demà” (Foehn Records, 2018), é unha boa mostra de todo isto. Aúna sensacións de desasosego, derrota e inquietude a ritmo de dark ambient, neoclásica, electrónica cósmica, contemporánea,…unha banda sonora dun hipotético mañá marcado pola alienación, a soidade e a desolación.

Kara Konchar (live)

Kara Konchar (live)

Kara Konchar é o novo proxecto musical de Miguel Béco. A súa música é física e, ao mesmo tempo, atmosférica e recolle influenzas enraizadas coa escea rave, que van dos ritmos do UK Bass ata a dureza do EBM.
Dungeon Rave, o seu primeiro traballo, é a segunda entrega do catálogo de Capital Decay, novo selo con base en Lisboa centrado en sonidos post-industriais e na electrónica dura, e ven de editarse o pasado mes de abril, coma unha homenaxe aos bastardos da mitoloxía, aos herexes contemporáneos e a todos aqueles fascinados pola morte e a libertinaxe

Andrea Dawson (feat. Mumbai Moon)

Andrea Dawson (feat. Mumbai Moon)

Tras romper coa súa anterior banda, Andrea Dawson encontrou o camiño co que manifestar as súas inquietudes como artista. Froito desta nova personalidade xorde o EP “Payback” (autoeditado). Acompañada na produción e nos directos por Mumbai Moon, Andrea móvese entre a electrónica experimental, as tendencias actuais da música urbana o pop e o jazz.

Lagoon (live)

Lagoon (live)

Intensa e sen prexuizos, así se pode definir a música dos galegos Lagoon que forman parte do colectivo Several Roots, que inclúe bandas como Axteroiz ou Promising/Yougter. Polo momento só publicaron un o EP Cattle, un exercio de electrónica de constrastes que conta con remesturas a cargo de Joan Gamboa e Synth Alien e que lles levou a festivais como o Observatorio.

Aparato (live)

Aparato (live)

Xurdidos nas míticas sesións Sunday Drama en Unitaria, Aparato teñen clase dabondo para que te sintas dentro tanto da mítica Studio 54 como dos antros máis escuros de Bristol. Música visceral e soul electrónico coa poderosa voz de María Caramés, que tamén se apaña co theremin para as pistas máis atmosféricas. Si, son de Santiago, pero este Aparato está programado para bailar ata na estratosfera.

Música

Entradas


Compra aquí tus entradas

Comprar entradas para Festival CortaPega